Quen son
Son guionista, director e actor. Xunto a Carlos Ares e Xoán Castro fundei a produtora Zopilote, a primeira compañía galega especializada na escritura de guión e deseño de programas de televisión. A escrita de textos para o teatro levoume a participar como actor na montaxe de O Refuxiado, facendo cobrar vida personaxes que ata entón só a tiñan no papel.
Ao longo destes anos desenvolvín traballos de escrita en multitude de formatos para a Televisión de Galicia (Mareas Vivas, Terra de Miranda, Os Vixiantes do Camiño…), cinema (Encallados) e teatro (O Refuxiado). Como director estiven ao cargo de formatos televisivos de grande relevancia e recoñecemento, como Air Galicia ou Pepe o Inglés.
Nos últimos tempos, dirixín a curta experimental MMRRSSMM… que forma parte do proxecto transmedia Xeosónica, unha aproximación experimental aos sons do Atlántico e os seus ecosistemas. Bechos, producida para a Televisión de Galicia é o meu último traballo dirixido ao público infantil.
